Ir o contido

Sistemas Eficientes Ecofogar S.L.

Sobre nós

Ecofogar

Quen somos

Ecofogar é unha empresa dedicada á venda e instalación de sistemas de calefacción para vivendas unifamiliares, negocios e institucións.

Temos unha tenda física situada na Serra de Outes, na ría de Muros e Noia, dende 2015, pero contamos con máis de 20 anos de experiencia en instalacións tanto de pellets como de leña.

Nos últimos anos, tamén incorporamos aos nosos servizos a venda e instalación de sistemas aerotérmicos e paneis solares fotovoltaicos e térmicos.

Realizamos todo tipo de instalacións, encargándonos de todo desde a consulta inicial ata a instalación final.

Atención personalizada, rápida e profesional. Así somos en Ecofogar.

Compromiso Integral

O noso equipo de electricistas, fontaneiros, pintores, carpinteiros e instaladores garante un servizo completo, sen intermediarios nin sorpresas, deixando cada traballo perfectamente rematado.

Experiencia e Especialización

Con máis de 20 anos de experiencia instalando solucións de calefacción e enerxías renovables, ofrecemos coñecementos técnicos contrastados e unha traxectoria que respalda cada proxecto, xa sexa con pellets, madeira, aerotermia ou enerxía solar.

Atención Personalizada

Cada cliente é único. Por iso ofrecemos un servizo directo, eficiente e profesional, adaptándonos ás necesidades de fogares, empresas ou institucións para proporcionar solucións personalizadas coa máxima eficiencia.

Calidade e Garantía

Somos un provedor de servizos técnicos oficial para as marcas coas que traballamos e contamos con todas as licenzas e certificacións necesarias para legalizar as instalacións. Isto permítenos ofrecer seguridade, legalidade e fiabilidade en cada servizo.

Visítanos en Outes

Tenda física de estufas pellets e leña

Na nosa tenda, atoparás máis de 30 máquinas diferentes en exposición de máis dunha ducia de marcas, e sempre asesoramos aos nosos clientes sobre como atopar o dispositivo que mellor se adapte ás súas necesidades.