Sistemas Eficientes Ecofogar S.L nace a primeiros do ano 2014, froito de moitos anos de estudo, análise, probas, deseño e desenrolo dun tipo de estufas a leña cun sistema de combustión propio baseado no funcionamento das denominadas estufas de inercia térmica.

 

 Manuel Vázquez Suárez foi durante moitos anos un empresario do sector da construcción que se adicaba á realización de todo tipo de traballos, dende a realización chave en man de vivenda nova a pequenos arranxos e restauracións.

 

 A pesares desta pluraridade na tipoloxía de traballos a especialidade das empresas de Manuel foron sempre a rehabilitación de vivendas no rural, amosando preferencia polo traballo en pedra, madeira, etc. e a utilización de elementos ecolóxicos, sostibles e eficientes enerxéticamente, tratando de incorporar os recursos naturais propios de cada zona.

 

 Foi neste tipo de obras onde empezou a ter relación directa con todo tipo de instalacións de calefacción e tamén onde viu a posibilidade de aportar algo para tratar de fomentar o uso da madeira coma elemento básico no proceso de calefactado das vivendas, especialmente no entorno rural.

 

 Analizando a situación veu o errada que foi e segue sendo a cultura do lume na nosa comunidade, que sempre se baseou na cantidade de materia prima que se podía conseguir posto que era de fácil acceso para a maioría en vez de tratar de buscar a eficiencia dos sistemas usados para reducir dito consumo.

 

 O primeiro paso foi o de rebuscar no mercado internacional en busca de productos existentes que fosen o mais eficientes e ecolóxicos posibles. Os países nórdicos son sen dúvida os mais aplicados en canto á búsqueda do máximo rendimento e menor consumo no que ó emprego da biomasa se refire e o sistema mais usado nestos e outros países é o denominado “estufa de masa térmica” ou “estufa de inercia térmica”, que basea fundamentalmente o seu funcionamento na acumulación do calor producido pola combustión e na inercia térmica que determinados materiais poden aportar. Así pois, nunha estufa de inercia térmica a temperatura á que se escapa o fume non chega ós 150º, mentras nunha chimenea convencional ronda os 300º con facilidade. Este é un indicador moi importante da diferencia de eficiencia existente entre un e outro sistema.

 

 Despois de varias viaxes para comprobar in situ o rendimento das estufas de masa térmica e logo de documentarse durante meses sobre os principios de funcionamento, características técnicas e físicas, etc. a partir da documentación que pode atoparse na rede,  revistas especializadas na construcción ecolóxica coma ecohabitar ou en artigos e libros editados por recoñecidos estudosos da materia coma Mateu Ortoneda entre outros, veu que este tipo de calefactoras se adapta perfectamente ás necesidades de moitas das vivendas do noso país. 

 

 E así, logo de mais de cinco anos de estudos, probas de todo tipo, deseño de modelos e desenrolo das ideas, Manuel decidiuse a emprender de novo coa montaxe dunha tenda onde vender as suas estufas e tamén todo tipo de complementos para as mesmas.