As estufas acumuladoras de leña son un produto tradicional no norte de Europa, a sua orixe remóntase á última glaciación máis de 700 anos atrás. Coñecidas coma Kachelofen en Austria e Alemania, Pechka en Rusia, finoven en Finlandia, aquí son coñecidas por estufas de mampostería, estufas de ladrillo, estufas acumuladoras, estufas rusas, estufas de azulexo, estufas de inercia ou masa térmica, etc.

 

En ecofogar dedicamos anos ó estudo das características e peculiaridades deste tipo de estufas; anos de investigación, anos de estudo e anos de probas para tratar de adaptar o máis eficiente e ecolóxico sistema de calefacción do mercado ás necesidades e hábitos da vida da nosa sociedade.

 

O resultado; as estufas eficientes de inercia térmica ecofogar, que entre outras tén as seguintes características:

 

ÚNICAS

 

-Gracias ó sistema propio de dobre combustión as estufas de masa térmica ecofogar ofrecen rendementos tan altos cama as mellores caldeiras de última xeración pero co lume e a leña de toda a vida.

-O sistema de vidro limpo único de ecofogar, permítenos disfrutar das vistas do lume, por iso son a calefacción ideal para os amantes do lume.

- O seu funcionamento é realmente sinxelo e altamente eficiente

 

ECOLÓXICAS

 

-As estufas de inercia térmica son o modo de calefacción máis ecolóxico do mercado.

-A leña é un combustible renovable e local.

-Non precisa grandes gastos añadidos no seu procesamento coma outros derivados da biomasa.

-A sua distribución e venda participa de unha economía local e sen grandes costes de transporte.

-A combustión da leña realízase nunha ou duas horas aproximadamente, alcanzando elevadas temperaturas, entre 700º e 800º, polo que a maioría dos resíduos quéimanse sen producir apenas fumes nin cinzas.

 

ECONÓMICAS

 

-O combustible que usan as nosas estufas cerámicas é a leña, o combustible para calefacción máis económico do mercado, e un material que si está ben xestionado é moi sostible e inagotable, sin apenas ningún proceso de transformación e sendo ademáis un produto local.

-Ningún grupo empresarial nin industrial vai a subir o precio. Por exempl, os pellets de madeira son procesados industrialmente e polo tanto os precios vanse orientar segundo as outras fontes enerxéticas. Si sube o precio do petróleo, sube tamén o precio do pellet.

-As estufas ecofogar teñen o menor consumo de leña que se pode dar nunha estufa gracias ó seu sistema propio de dobre combustión e ó alto nivel de aproveitamento da enerxía producida.                  

-A inversión inicial recupérase con rapidez.

 

SAUDABLES

 

-As nosas estufas emiten o calor por radiación, a forma de calor máis sán e confortable.

-Mellor xestión da calor ó longo do día gracias ó seu poder de acumulación.

-Máis estabilidade da temperatura.

-Un calor ambiental moito máis agradable, natural e saudable.

-Un momento para estar co lume, para relaxarse no banco quente, para cociñar no forno de leña.

-Pouco movimento das partículas do aire

-Grao de humidade óptimo

-Con unha estufa ecofogar vívese sinxelamente máis san e máis relaxado.

 

CÓMODAS

 

-Con só acender a estufa acumuladora cerámica ecofogar unha ou duas veces ó día quentaremos a casa durante 12 horas, sen mantemento, sen nengún consumo electrico, nin posibilidade de averías por cortes de luz.

 

DESEÑO PERSOALIZADO

 

-As estufas cerámicas ecofogar deséñanse persoalmente para cubrir as necesidades caloríficas e estéticas do teu fogar, realizamos un deseño técnico que nos permite planificar con precisión as características da tua estufa.