As estufas de inercia ou masa térmica ecofogar están deseñadas baixo as premisas do aforro enerxético, a construcción sostible e o óptimo aproveitamento da enerxía producida pola leña.
A grande variedade de modelos e as posibilidades de acabados distintos danlle unha grande versatilidade ó producto, podendo adaptalo a calqueira recuncho da vivenda.
O sistema constructivo das nosas estufas permítenos transformar en enerxía a práctica totalidade do poder calorífico da leña gracias ás aportacións de aire secundario prequentado que queiman os gases e alquitráns xerados na primeira combustión. Así, ademais dunha maior eficiencia conseguimos unha importante reducción na cantidade de gases contaminantes emitidos á atmósfera.
O barrido do cristal por unha cortina de aire mantén a porta limpa, para poder disfrutar plenamente do espectáculo visual do lume.
Infinitas posibilidades cas estufas de inercia térmica ecofogar; con forno, quentapratos, banco quente e todo canto se che poida ocurrir.