Dende 1 ata 5 de 5 elementos

1   

Ecofogar gaña o Dolmen de Ouro 2015

manuel - 26/10/2015
Ver noticia

Ecofogar foi unha das empresas triunfadoras dos Dolmen de Ouro 2015, que organiza a Federación de Empresarios do Barbanza.

[...]
      Ler máis...

Premios Dolmen 2015

Manuel - 07/10/2015
Ver noticia

Un total de dezaseis empresas optan ós premios Dolmen de Ouro 2015.
www.ecofogar.com presentase na quinta categoría, a da mellor iniciativa emprendedora.

[...]
      Ler máis...

Xornadas Ecofogar

Ecofogar - 28/09/2015
Ver noticia

O pasado día 5 ecofogar organizou unha xornadas dedicadas as estufas de masa térmica e outros sistemas de combustión como a rocketstove e as estufas de gasificación. Durante a mañan construímos unha pequena estufa de ladrillo, e a tarde demostración de outras estufas. Contamos con unha actuación cómica e tamén con musica tradicional. 

[...]
      Ler máis...

Xornada de presentación das instalacións de Ecofogar en Outes

Ecofogar - 20/08/2015
Ver noticia

 

O vindeiro sábado día 5 de septembro de 2015 realizaremos unha xornada moi especial nas instalacións de ecofogar co fin de dar a coñecer un pouco máis as estufas de inercia ou masa térmica e tamén outros moitos productos, algúns deles exclusivos que se poden adquirir na nosa tenda de Outes e tamén a través da rede.

 

O día estará repleto de actividades, coma un curso de construcción de estufas de mampostería totalmente de balde ou unha demostración do funcionamento de algúns dos trebellos que poñemos á venta elaborados por nós mesmos. 

 

Podes ver o programa completo na nosa páxina de facebook ou seguindo o enlace desta nova.

 

Contamos ca tua presencia.

[...]
      Ler máis...

Fin das Obras da tenda Ecofogar

Manuel Vázquez - 07/11/2014
Ver noticia

 Boas novas para o comercio de Outes, e tamén para todos os amantes do lume, do caloriño, do espectáculo visual do lume das estufas Ecofogar, das tardes de choiva á volta dunha lareira, chimenea ou estufa de calidade. E tamén para aqueles que desexan ter na sua vivenda un sistema de calefacción ecolóxico, sostible, eficiente e económico a medio e longo prazo.

 

        !!!!As obras de acondicionamento da tenda de Ecofogar xa están rematadas!!!!. 

 

Hoxe mesmo demos por acabadas as obras de acondicionamento tanto exterior coma interior da nosa tenda, incluso dispoñemos xa de algún mobiliario. Agora só falla encher as estanterías, montar as nosas estufas, e en cousa dun mes esperamos poder ensinarvos en directo a todos os que o desexedes o funcionamento do sistema de calefacción mais ecolóxico e eficiente alimentado por leña de todo o mercado; as estufas de inercia térmica. 

 

  Espero que vos guste o noso local. E aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os que colaboraron na realización dos traballos de acondicionamento a dedicación e o bo facer amosado, en especial á empresa Emedous que correu ademais ca xestión e organización das distintas fases da obra.

[...]
      Ler máis...


1